Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2007 II Ciclo de Cine e Historia: "A historia que vivimos" 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Boletín de inscrición
Programa definitivo

Prensa
Correo, 18-xaneiro-2007
Galicia Hoxe, 17-xaneiro-2007
Voz 17-xaneiro-2007
Comunicado de prensa núm. 1

CAMBIO NO LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CICLO
Cambio no lugar de celebración do II Ciclo de Cine e Historia: "A historia que vivimos".
Polo grande número de persoas interesadas en asistir, o II Ciclo de Cine e Historia: “A historia que vivimos”, cambia o seu lugar de celebración. NON se realizará no Centro Sociocultural do Ensanche, como estaba previsto. Terá lugar no SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS de Santiago, no Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n), preto das Facultades de Dereito e de Farmacia, e preto tamén do Centro de Orientación e Información ao Estudante (COIE). O programa do ciclo mantense segundo estaba previsto. Nova Escola Galega e a Asociación Cultural "Sine Nomine", como entidades organizadoras, préganlles aos asistentes que saiban desculpar esta modificación.  

Presentación
Xustificación da actividade:

A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma.

Desde esta perspectiva está na intención do colectivo axudar e dar ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas se incorporen tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas, polo que os documentais escollidos tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove unha mirada crítica á historia que nos ocupa.

Engadiuse a cada documental unha conferencia de persoas expertas na materia nun intento de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase.

De cara ao alumnado tamén se entregará durante o desenvolvemento do Ciclo material didáctico que facilite a preparación do traballo de aula.

Obxectivos previstos:

  1. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual.
  2. Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
  3. Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
  4. Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
  5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
  6. Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
  7. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces non reflexionamos sobre eles.


Documentación
"La memoria es vaga". Artigo de Víctor Santidrián sobre a memoria histórica
"La memoria es vaga". Recompilación de artigos e informacións sobre "El Valle de los Caídos"
"La memoria es vaga". Posibilidades didácticas
"La memoria es vaga". Descrición da película
"La memoria es vaga". Bibliografía e páxinas web sobre a película e sobre a súa temática
"La memoria es vaga". Ficha técnica
"The March". Artigo de Rodrigo Sosa sobre o conflito sudanés
"The March". Críticas e comentarios
"The March". Bibliografía e páxinas web sobre a película e sobre a súa temática
"The March". Ficha técnica
Carlos Taibo. Bibliografía básica
"La espalda del mundo". Críticas e comentarios
"La espalda del mundo". Entrevista co seu director
"La espalda del mundo". Bibliografía e páxinas web sobre a película e sobre a súa temática
"La espalda del mundo". Ficha técnica
"El efecto Iguazú". Reflexións sobre o mundo do traballo
"El efecto Iguazú". Entrevista co seu director
"El efecto Iguazú". Ficha técnica
"Promises". Artigo de Ferrán Sales sobre a infancia en Palestina
"Promises". Críticas e comentarios
"Promises". Bibliografía e páxinas web sobre a película e sobre a súa temática
"Promises". Ficha técnica
Se estás interesado/a en facerte coas películas proxectadas no Ciclo...

Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

A Asociación Cultural Sine Nomine

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA

Título da actividade:
II Ciclo de Cine e Historia: "A historia que vivimos"

Datas de celebración:
18 e 25 de xaneiro; 1, 8 e 15 de febreiro de 2007

Lugar de celebración:
SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n). Santiago de Compostela

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.

Nº máximo de participantes:
40 - 50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
21 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ata o 12 de xaneiro de 2007
Ordinaria: 10 €
Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 5 €

Desde o 13 de xaneiro de 2007
Ordinaria: 15 €
Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €

Forma de pagamento:
Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com