Navegación: Inicio Inicio 
Usuario
Contrasinal:

RGE 85. TEA E INCLUSIÓN

NEG OPINA: A ÚLTIMA

SECRETARIADO
SECRETARIADO NACIONAL 2021

Como asociarse?
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.

Contacta con nós
Contactar

NOVAS
ROTEIRO "PAPEL DE ESTRAZA" - ILLA DE AROUSA
Asasinatos, malleiras, mulleres rapadas, depuración de mestres, guerra e multas, e a proclamación da República Federal Independente na Illa de Arousa. Baseado no seu libro “Papel de estraza”.

O sábado día 21 de maio de 2022, de 10 a 14 horas, acompañados por Fernando Salgado e Juan Otero, percorreremos a illa de Arousa para revivirmos os lugares onde un grupo de veciños decidiron proclamar a República Independente na Illa de Arousa, na madrugada do 7 ao 8 de outubro de 1934, na taberna local O Nicho, como consecuencia da convocatoria dunha asemblea sometendo a votación a celebración dunha folga xeral para o luns día 8 de outubro, especialmente como protesta polas condicións de traballo que se daban nas empresas conserveiras locais. Dous anos despois sufriron as consecuencias da barbarie fascista, o que lle custaría a vida á maioría deles. A forxa dunha forte conciencia social de clase afunde as súas raíces na dureza da vida diaria nunha illa abandonada por todos, na que a forza do colectivo resultou fundamental para superar as traxedias e os obstáculos. A contextualización dos acontecementos que cambiaron a sociedade, tanto no ámbito autonómico como no estatal e o internacional, remóntase ao pasado, segue a evolución da Illa de Arousa e reflicte os actos da vida diaria, o traballo, as festas, os naufraxios, o empuxe dos mestres para converter a educación nunha catapulta cara á igualdade, o protagonismo das mulleres e as reivindicacións dun pobo tan admirado por aqueles que coñeceron o mundo desde unha visión cosmopolita como marxinado polos gobernantes que tiñan o deber de atender as súas xustas demandas. (ler máis)
 
Voltar

Buscador
Chave


XXXIV ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ

A CIDADE DE COMPOSTELA COMO ESCENARIO EDUCATIVO

O LUGAR DO GALEGO NUN MODELO DE EDUCACIÓN MULTILINGÜE

ROTEIRO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA POR SANTIAGO

EMERXENCIA CLIMÁTICA

OS DEREITOS DA INFANCIA A DEBATE

XIV SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Tamén estamos en...
Enlace externo  Facebook
Enlace externo  Youtube
Enlace externo  Correo electrónico

XIV PREMIOS EDUCACOMPOSTELA

XXV ANIVERSARIO NEG

Manifesto ante a presenza militar nas actividades dos centros escolares

NEG e a lingua (1983-2008)

ENGÁDESTE?

Modelo de Normalización defendido por NEG



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com