Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa
Ficha de inscrición

Presentación
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, específicamente, sobre o asesinato do Comandante Moreno e dos seus no Acevo. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza. 

Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, específicamente, sobre o asesinato do Comandante Moreno e dos seus no Acevo.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.


Ficha técnica
Título da actividade:
X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "A liberdade nunca perdeu ningunha loita! (R. Cabanillas)"

Datas de celebración
4, 5 e 6 de outubro de 2019.

Lugares de celebración: .
Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime.

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os xantares de campo).

Ata o 1 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.

Desde o 2 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.
Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com